Unha ourensá gana o premio de excelencia fin de carreira de Galicia en arquitectura

La Voz

OURENSE

Laura Bouza estudou no IES As Lagoas

12 novs 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A ourensá Laura Bouza Romero conseguiu o premio de excelencia fin de carreira da Xunta no campo da arquitectura, que conta cunha dotación económica de 3.000 euros.

Laura Bouza rematou os seus estudos secundarios no IES As Lagoas no ano 2010, e fíxoo con matrícula de honra. Ese mesmo ano comezou os seus estudos de arquitectura na Escola Técnica da Coruña. Tras cursar estudos no estranxeiro e estudar quinto na Escola Politécnica de Madrid, remata os seus estudos de Máster en Arquitectura na Coruña en 2016.