Eu quero e ti non me deixas

Sofía Vázquez
Sofía Vázquez ESTADO BETA

OPINIÓN

Luis Tecido

19 sep 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Sempre foi difícil, pero desde que se desatou a escalada de prezos da enerxía na práctica resulta imposible cambiar a un contrato de subministración eléctrica coa tarifa de último recurso. É unha auténtica tomadura de pelo. A estas alturas os consumidores debésemos ter claro _e non o temos_ que o mellor contrato que podemos subscribir é o da tarifa regulada ou de último recurso. Por que? Por moitísimas son as razóns, pero nestes momentos hai unha que pesa sobre as demais: ningún de nós _practicamente ningún_ somos capaces de saber como evolucionará o prezo do gas, por exemplo, no 2024. E iso é exactamente ao que xogan as eléctricas: fanlle a vostede un contrato con prezo estable para uns cantos anos, e vostede -que non é ningún experto en mercados de futuros- asínao pensando que lle fan un favor. Ándese con ollo porque vai disto.