«Señor Feijoo, dea a orde da xornada única nos colexios»

Cartas al director
Cartas ao director CARTASALDIRECTOR

OPINIÓN

E CUIÑA

05 oct 2020 . Actualizado ás 11:28 h.

Xornada partida nos colexios

Son nai de dous fillos, un de secundaria e outro de primaria, que asisten a clase nun centro concertado que ten xornada partida. O 1 de outubro comezaron as clases pola tarde e á saída xuntáronse nenos de todas as etapas educativas. Os colexios inténtano, habilitaron diferentes portas de entrada e saída e axustaron horarios, e aínda así é difícil conseguilo. Pedimos que mentres dure esta crise sanitaria a xornada lectiva sexa única e que manteñan o horario habitual para aqueles pais que realmente si o necesiten. No meu caso, como no de moitos, decidimos prescindir do servizo de comedor e actividades extraescolares, e nestes momentos teño que facer malabares para ir buscar aos nenos á hora para comer porque tres días á semana teñen horarios diferentes.

A única persoa que pode dar a orde da xornada lectiva única é vostede, señor Feijoo, por iso rógolle encarecidamente que o faga. Non temos espazo á saída do colexio para manter a distancia de seguridade tanto os pais como os alumnos. A.G.G. A Coruña.