Os suecos teñen leira aparcadoiro?

Sandra Faginas Souto
Sandra Faginas O meu MUNDO É OUTRO

OPINIÓN

Ulf Palm / TT

08 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Cuesta imaxinarse a un Adolf Johansson ou a unha Fredrika Karlsson sentados nas súas cadeiras na súa leira ao lado da praia de Varamon en Ostergotland. Cuesta facerse á idea de ver a ese matrimonio sueco cobrando 3 euros por tirarlle proveito ao seu terrenito. E non dubido de que haxa leiras en Suecia, pero alí non andan movendo os marcos nin pasando a gorrilla, como sucede aquí. Herdar ou ter en propiedade un cachiño de campo ao lado dun bo areal é un choio que sae moi rendible porque se fai aínda polo bajini: dese xeito chafulleira que permite cobrar e gañar sen declarar un chavo. A 3 euros por coche, onde caben 200, xa se fan un cálculo do que se pode rascar nun bo día de verán. Ese cheiro mafiosillo e cutre do negociete debería deixar paso a un servizo regulado, en boas condicións, co seguro e os impostos que nos tocan. Aos galegos, esta vez, convennos «facernos os suecos».