O «sándwich da verdade» ao presidente «verificado»

César Rodríguez Pérez
César Rodríguez XOGO DE TRONOS

OPINIÓN

Daniel Mears | Europa Press

29 may 2020 . Actualizado ás 09:11 h.

O vizconde de Terralba foi á guerra contra os turcos. E unha bala de canón partiuno en dous. Pero non morreu. As súas dúas metades -unha boa e unha mala- viviron por separado.

Coa historia do vizconde demediado, Italo Calvino retratou de xeito fantástico a dualidade humana. O seu relato, rebosante de humor, puña en evidencia que todos somos capaces de ter sentimentos e disposicións tanto positivas como negativas. Que pasaría se o escribise hoxe despois de empaparse en riadas de comentarios linchadores de Facebook, incendios tuiteros e liortas de WhatsApp? Nunca o saberemos, pero podemos e debemos fabular.

Poñamos que Calvino puxese o acento na irresistible atracción do cerebro humano pola división e a polarización. E que cambiase de protagonista. Onde antes había un vizconde, agora teriamos a un presidente pendenciero e lenguaraz, que mantén unha relación complicada coa realidade e que considera que o seu experiencia persoal se impón sobre o que indiquen calquera dato, informe ou estudo. Sempre ten razón. E leva fatal que o critiquen ou apostilan aínda que publique patrañas. E máis aínda se é a propia plataforma, Twitter, a que o deixa en evidencia con ligazóns a información real. Triunfará este medio «sándwich da verdade» da rede social ao presidente «verificado»? Ou faría falta un completo?

Esta sería a secuencia: primeiro, dicir a verdade; segundo, especificar a mentira; terceiro, volver dicir a verdade, todas as veces que faga falta. Suficiente para líderes como Trump? E para os seus máis fieis seguidores?