Palabrita de Vox

Mariluz Ferreiro A Mi BÓLAS

OPINIÓN

26 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A mala pintura pode ser ata resultona. Unha cor agradable. Un bo rodete. Unha rutina ao estilo Karate Kid, «dou cera, quito cera». E a parede queda máis que presentable. Os raspones, cubertos. As manchas, disimuladas. Polo menos durante un tempo. O problema é que, cando se dan só unhas capas de aderezo, a humidade segue asomando. Pode pasar nas mellores casas. E nas outras tamén. Ocórrelle, por exemplo, a Vox . O seu problema é que sucedeu axiña que e con tanto descaro que seguramente ata eles mesmos sexan conscientes de que é moi posible que os seus topes electorais pertenzan xa ao pasado. Cando vén a onda hai que estar atento, coa táboa para voar, non co taboleiro para arrearnos. Ao partido da derechita valente, que vai cocéndose no seu propio caldo, pásaselle o arroz. O do «prietas as filas» está moi ben para a teoría, para darlle un verniz marcial aos discursos, para darse golpes no peito. Pero logo vén a xente provocando: as ministras varias, os do Tribunal Supremo, os medios de comunicación... Un atallo de feminazis todos eles. E iso provoca ataques de incontinencia verbal. Asoman por fin as súas verdades. Xa o di Francisco Serrano, o home que se coroou coas súas reflexións sobre a sentenza da Manda. O que dá medo non é que este señor sexa o líder de Vox en Andalucía, porque se ve que por fin atopou o seu lugar no mundo. O que produce terror é que Serrano, ese individiduo que vai dicindo que calquera acaba no cárcere por un gatillazo e que a única saída ante este atropelo ás liberdades heterosexuais é recorrer á prostitución, é un xuíz. E iso, máis que preguntas, expón máis dunha resposta.