A carreira cara ao 2023

Francisco Espiñeira Fandiño
Francisco Espiñeira SEN COBERTURA

OPINIÓN

16 jun 2019 . Actualizado ás 09:21 h.

Acabáronse as negociacións de despachos e os cambalaches. Máis de 8.000 alcaldes e case setenta mil concelleiros teñen desde onte o encargo de mellorar a vida dos máis de 47 millóns de españois. Fochancas, farois, beirarrúas, bancos, arbolitos, abrazos cos veciños, festas, recepcións e atascos formarán o seu menú laboral desde este luns se son capaces de abandonar a grandilocuencia para preocuparse do que de verdade importa. Son 1.461 días os que quedan por diante ata que o cuarto domingo de maio do 2023 pasen a súa reválida ante as urnas. Porque a campaña electoral das próximas municipais xa empezou onte tras a toma do bastón de mando. Oxalá non se esquezan do importante. Os seus veciños.