Elisa e Marcela: isto é só o principio

Isabel Coixet CINEASTA

OPINIÓN

NETFLIX

18 jul 2019 . Actualizado ás 16:53 h.

Pregúntanme a miúdo que me impulsa a escoller unha historia para levala ao cine, e, aínda que soe raro, o certo é que eu nunca teño a impresión de escoller: a maior parte das veces sinto que é a historia a que me atrapa a min. A historia de Elisa e Marcela atrapoume. O libro de Narciso de Gabriel Un matrimonio sen home iluminoume. E un percorrido polas aldeas onde viviron fascinoume completamente.

Teño moito que agradecer a todos os galegos que me han ayudadfirma invitadao neste camiño: a Narciso de Gabriel, o primeiro; a Antón Reixa; a Zaza Ceballos e o seu equipo; a TVG; á Xunta; a Roberto Leal (por facer sempre honra ao seu nome); aos nenos marabillosos que saen na película; aos habitantes de Celanova pola acollida fantástica; ás xentes de Pazos de Arenteiro; a Tamar Novas e a María Pujalte pola súa entrega; a Filamento , o mellor equipo de eléctricos co que traballei nunca; a Sofia Oriana Infante por unha incrible banda sonora, e a Rocío Santacruz e a Manuel Outumuro, por ensinarme a amar aínda mais Galicia.

Sei que me deixo a moita xente no tinteiro, agardo poder agradecerllo en persoa algún día. Do mesmo xeito que a historia destas mestras galegas atrapoume a min, atrapou tamén á compaña teatral A Panadería e estou absolutamente convencida de que inspirará a outros artistas e creadores que darán a súa versión e o seu punto de vista sobre unha historia inesgotable, que pode interpretarse de mil xeitos distintos. Síntome afortunada por ter tido a oportunidade de dar a miña versión sobre a súa peripecia e agardo con ansia outras versións, outros puntos de vista, outras Elisa e Marcela que non farán senón confirmar a validez universal dunha historia que conmocionou ao mundo e seguirá conmocionándoo. Ao tempo.