Tempos de-votos e de-bates

Laureano López
Laureano López CAMPO DE BATALLA

OPINIÓN

Quique Garcia | efe

19 abr 2019 . Actualizado ás 09:59 h.

Exótica campaña, na que se mesturan votos e devotos. Para Sánchez, isto era un paseo militar, o soño de todo Abascal, ata que irrompeu a Junta Electoral. É coma se o líder do PSOE quixese demostrar que el tamén sabe meterse en charcos: enorme feo ás teles e ás súas audiencias con dereito a voto. Quen sabe como acabará o feixe que pase, pero isto é o que está a pasar: Sánchez oxigena a un presunto morto, o PP, e a dous feridos de morte, Cidadáns e Podemos. Moi Semana Santa. Que sería del sen o seu Domingo de Resurrección. O predebate está a ser máis de-bate de béisbol que outra cousa. Veremos se lle renda a Casado, estridente bateador verbal. Entre devotos e debates, ao triunfalista PSOE a semana estáselle facendo longa, de crucifixión. Rematouna de alongar Sánchez o preso, presunto sedicioso, de campaña entre reixas, e con bandeira de España e foto do rei de fondo. Como un vampiro ante unha ristra de allos. Raro que non se lle irritasen os ollos. Sánchez o preso está convencido de que Sánchez o libre autorizará un referendo en Cataluña. Ao preso vese por onde vai. En realidade, o que quere é que gañe Vox.