O arbitrario

Manuel Mandianes PEDRADAS

OPINIÓN

16 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Sabía Sánchez que non podería conceder aos independentistas o que lle ían pedir para seguir apoiándoo, pensaba que os podería enganar con 1.500 máis 600 millóns de euros, ou non sabía ao que se comprometía? Cre Sánchez que en política, como no deporte, querer é poder? Neste caso, Sánchez non sabe o que é un ideal. Os independentistas utilizan a Constitución mentres lles serve e acusan aos constitucionalistas de non respectala cando se opoñen ao seu desexo, a independencia, e mentres non a consigan estarán aí. Evidentemente, Sánchez non podía conceder aos independentistas o que lle pedían. Os arbitrarios non son os independentistas, senón os que pensan que os van enganar facéndolles concesións. Os independentistas actúan cunha lóxica férrea e dino con claridade. O arbitrario non é grande, nin o será xamais porque, ao non ter existencia interior verdadeira, nace morto.