O sucursalismo

Rubén Santamarta Vicente
Rubén Santamarta VECIÑANZA

OPINIÓN

16 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A disciplina de partido confundiuse xa co voto a cegas para conservar o asento. Non hai hoxe matiz algún. Obsérvase en cada votación no Congreso, no que os 350 deputados esquecen a circunscrición que lles elixiu para evitar molestar ao líder. É frecuente en democracias anglosaxoas que as maiorías se teñan que conseguir voto a voto, e non grupo a grupo. Esta semana viviuse un episodio deses, de medir lealdades, cos xa errados Orzamentos do Estado. Son unhas contas manifestamente mellorables para Galicia, por moito que se empeñaron algúns en xustificalas coa subida das pensións ou o salario mínimo (que entran en vigor vía real decreto, sen necesidade deses orzamentos). Sucede que detractores e partidarios votaron non atendendo ao partido, non ao contido. Tamén (case todos) os deputados galegos, mesmo aqueles que dixeron «non, e non, e non», e logo foi «si e si». Actuar así é converter a Galicia nunha sucursal de Madrid.