Globos de Ouro replay...

Miguel Anxo Fernández

OPINIÓN

22 ene 2019 . Actualizado ás 19:11 h.

Quitando que a Academia teña prescindido de nomear ao frouxo biopic Bohemian Rhapsody (taquillazo si, pero ordinario tamén), o Óscar 2019 parece un calco dos recentes Globos de Ouro. Ao tempo. Marcan a pauta un puñado de críticos internacionais en Hollywood -consentidos, seducidos e agasallados polas produtoras e as súas periferias-, fronte a uns cantos miles de académicos que ou envexan a ONCE ou pasan de todo. Á vista dos nomeados, non hai físgoa á sorpresa. O normal é que Roma leve a figura, pero non así na categoría de fala non inglesa: os votantes están maiores, abúrrelles ler subtítulos e está en branco e negro -e ademais apadriña Neflix, que chega para cargarse o cine en pantalla grande, tendo en fronte ao aínda poderoso lobby exhibidor-. Non lles vexo permitindo engordar o negocio á líder do streaming, con millóns de novos abonados a partir do 24 de febreiro... (piratas á marxe). Sin duda, ou a Academia ponse as pilas ou ao tío Óscar daralle un parrús.