Pois menos mal que non usa a AP-9

Laureano López
Laureano López O ENFOQUE

OPINIÓN

KEVIN LAMARQUE | REUTERS

12 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Este señor co pelo da cor da cara de Bart Simpson está sempre enfadado. Debe de crispar moito ser o dono do muro. A este señor irrítalle ver como outras persoas, seres humanos como el, aínda que xeralmente con outra cor de pel, mulleres e nenos a maioría, buscan sinxelamente sobrevivir. O día que se enfade moitísimo, este señor pode pór fin á historia, a toda a historia, co seu teléfono vermello. Loxicamente, unha cousa así non debería estar en mans de alguén que perde tanto os nervios. Menos mal que non usa a AP-9. Se xa ten esta cara enfurruñada, como se lle quedaría se en lugar de Potus fose un autónomo de Vigo, un estudante de Ferrol, un transportista de Santiago, un empresario de Pontevedra, dirixíndose ao checkpoint Audasa. Motivos de desgusto non lle ían a faltar. Pronto, un 3,5 % máis de motivos.