19 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.
En La Voz dáse conta de que no CERN lograron obter o espectro do antihidrógeno. Os primeiros espectros coñecidos están ligados ao átomo de hidróxeno, o máis simple de todos, formado por un protón no núcleo e un electrón que vira ao seu redor.
O antihidrógeno é o átomo de antimateria espello do hidróxeno. Está formado por un antiprotón, partícula de masa igual á do protón e de carga oposta (negativa) e un positrón (electrón positivo) situado na periferia.
A noticia é significativa porque os investigadores tiveron que solucionar problemas técnicos de envergadura: produción de átomos de antihidrógeno, illamento dos mesmos, etc. O positrón úsase para detectar tumores na proba diagnóstica do PET.