Sáelles moi barato

Diego Pérez Fernández
Diego Pérez CONTRAPUNTO

VIGO CIDADE

Xoán Carlos Gil

Pese ao endurecemento do Código Penal, moi poucos incendiarios acaban entre reixas

17 oct 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A moitos, con boa ou mala intención, éncheselles a boca falando de prevención. Sexamos serios: iso serve para combater neglixencias, non para impedir que unha cuadrilla de malnacidos provoque máis de oitenta lumes e catro mortos nun só día. En marzo do 2015 endureceuse o Código Penal pensando nos incendiarios que, de forma premeditada, poñen en risco vidas humanas. Aínda que están previstas penas de entre dez e vinte anos de cárcere, o certo é que ninguén as cumpre. Moi poquitos acaban entre reixas e fano por períodos moi curtos. Estraño país este en o que sementar o terror e provocar mortes, cachondeándose da lei, sae tan barato.