O espello americano


Nunha nova lección de democracia, o Departamento de Xustiza elixiu onte ao respectado Robert Mueller, que dirixiu o FBI do 2001 ao 2013, para investigar a trama rusa. O presidente Trump, que non as debe de ter todas consigo, púxose dos nervios lanzando todo tipo de improperios pola caza á que se lle somete . Pero, iso si, acata o nomeamento como acatará os resultados da investigación. 

As sospeitas de irregularidades ou delitos liquídanse en Norteamérica investigándoas. En España, negándoas. Habituámonos xa a que nos neguen incluso o que mostran as gravacións. Empezárono a facer co caso Flick e ségueno facendo coa Lezo.

¿Imaxinámonos aquí unha investigación ao presidente do Goberno? Non soñemos. ¿Están as institucións norteamericanas nunha situación de desprestixio tan profundo como as españolas? Non o creemos. Certo é que desde a súa chegada, Trump encárgase de darlles un bofetón cada mañá; pero as nosas, de forma especial a Xustiza, están a ser vapuleadas desde os poderes ata graos insospeitados.

A quen desde hai tempo dedican os seus esforzos a descualificar, controlar e esnaquizar calquera proba na súa contra, conviríalles mirarse no modelo norteamericano. Ese que mostra que nunha democracia nada é intocable. Pero, polo visto, agrádalles máis o venezolano.

Votacin
22 votos

O espello americano