Pepe López gaña o Rali de Ferrol

MOTOR GALEGO

Iván Ares perdeu no penúltimo tramo por unha picada e a oportunidade de distanciarse no Nacional

21 jul 2018 . Actualizado ás 22:28 h.

O piloto José López Pepe López gañou a 49.º edición do Rali de Ferrol, sexta proba do Campionato de España de ralis de asfalto. O madrileño, que só ten 22 anos e disputa o Campionato de Europa, xa deixou patente a súa calidade desde os primeiros tramos da carreira.

nque allea ao piloto gañador, xa que o segundo clasificado, o asturiano José Antonio Foguete Suárez, a só nove segundos do madrileño, fixo unha reclamación de dez segundos porque na primeira xornada do rali viuse freado por atoparse un coche parado ao final dun tramo. Os comisarios deportivos non atenderon a súa reclamación, aínda que de ter prosperado fose o gañador da carreira. O enfado do asturiano no podio quedou patente, xa que non quixo darlle a man ao gañador e tampouco levantou o trofeo de segundo clasificado.

O piloto galego Iván Ares acabou na terceira posición. O de Cambre tiña o rali no peto, aínda que no penúltimo tramo foise da estrada, esnaquizou a parte esquerda dianteira do coche e viuse afectada a roda. Puido seguir e acabar o tramo, aínda que perdeu un tempo que lle relegou á terceira posición na xeral final. Cos puntos sumados onte e a retirada de Miguel Fuster, en puntos brutos Iván Ares é o líder do Campionato de España, aínda que se os dous pilotos descartan os seus dúas peores probas, Fuster segue por diante na clasificación cunha vantaxe de catro puntos.

O Rali de Ferrol, como é habitual, foi especialmente duro, con tramos moi complicados, rotos e con moitos cruces. A xornada chuviosa de onte complicou aínda máis a carreira, xa que o chan non só estivo esvaradío senón que os pilotos dubidaron cos pneumáticos.