Entre o Goberno federal e o dos estados federados sumarán 400 millóns
01 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.As fortes inundacións que afectaron ao oeste de Alemaña e deixaron máis de 170 mortos, obrigaron a saír ao rescate aos poderes públicos: o Goberno federal alemán e os gobernos rexionais decidiron destinar axudas rápidas duns 400 millóns de euros aos damnificados pola catástrofe. O Consello de Ministros aprobou unha partida de 200 millóns de euros que se verá reforzada polas subvencións dos estados federados, que se calculan noutros 200. «As axudas inmediatas son para a xente que o perdeu todo. É importante que sexan rápidas e sen trabas burocráticas», dixo o ministro de Finanzas alemán, Olaf?Scholz, quen avanzou que, no caso de que sexan insuficientes, incrementaranse as partidas.