O campo galego pecha o círculo para abrir un novo ano agrícola

Redacción

MERCADOS

ALVITE

Coas colleitas almacenadas, os agricultores comezan as tarefas para volver arrincar o ciclo anual

18 oct 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Tras un ano diferente, marcado pola influencia da pandemia provocada polo coronavirus, os agricultores de Galicia prepáranse para pasar páxina e arrincar de novo os seus plans de cultivo. A chegada do outono, á parte da redución das horas de luz e a baixada de temperaturas, supón un momento clave dentro do ano agrícola. O campo galego pecha o círculo de tarefas coa recolección dos froitos e dá por finalizado o ciclo anual para comezar un novo. Os labores agrícolas conforman este período circular que se reinicia unha e outra vez nesta época.

A agricultura non se escapa desa relación imperceptible ao ollo humano que existe entre natureza, matemáticas e xeometría. A disposición das ramas das árbores, das follas nos talos, das flores de alcachofas e girasoles ou a configuración das piñas das coníferas teñen, todas, un patrón común: a sucesión de Fibonacci. O matemático italiano Leonardo de Pisa descubriu esta secuencia, relacionada co número aúreo e que se atopa en múltiples configuracións biolóxicas, no século XIII. A espiral que debuxan os números desta relación atópase en elementos tan dispares como a forma dos furacáns ou dalgunhas caracolas. Unha forma que tende a infinito que os ciclos do campo si pechan grazas ás colleitas. No momento en que se recollen os froitos do traballo de todo un ano acaba un período con forma circular que en moitos casos tamén segue unha sucesión: a rotación de cultivos.

O paradigma do millo forraxeiro

O exemplo máis enraizado en Galicia é, sin duda, a rotación de cultivos que leva a cabo nos campos de millo forraxeiro. A importancia deste tipo de gramínea é vital xa que supón unha importante ración de enerxía para o gando e, polo tanto, para a industria láctea. Ese factor impulsou enormemente estas plantacións e por iso na comunidade recóllense actualmente as tres cuartas partes da colleita deste tipo de millo en España.

A recollida e ensilado da colleita pon punto final a un ciclo que, acto seguido, volve comezar. Faino co aproveitamento dos restos que fan empresas como a lucense Agroamb, que realiza unha valorización dos residuos para convertelos en fertilizantes orgánicos. Mediante este proceso, exemplo de como a economía circular está cada vez máis presente no rural galego, dáse o primeiro paso do novo ciclo.

A implantación dos modelos circulares de economía, que son un aspecto crave dentro do Pacto Verde da Unión Europea, fai que cobren maior sentido sistemas como o da empresa con sede no concello lucense de Castro de Rei, que participa de forma activa en todos os procesos do cultivo do millo ata que este chega ao silo.

Todo comeza coa preparación do cultivo de rotación que, na maioría dos casos, efectúase con Raigrás ou herba forraxeira. Este tipo de gramínea ten tamén gran importancia para as explotacións lácteas ao supor unha necesaria achega de proteína vexetal para o gando durante o inverno. A aposta por estas rotacións achega beneficios á terra, con respecto ao barbecho invernal, que poden acabar redundando en mellores e máis cuantiosas colleitas do millo forraxeiro.

O círculo completa a súa primeira metade cando se sega a herba destinada á forraxe e a primavera desvanécese e vai chegando o verán. Á vez que se produce o seu ensilado ponse en marcha o segundo período: o cultivo do millo. O primeiro será deixar que a terra se oxigene para, máis tarde, comezar cos traballos de gradeo e preparación do terreo. Ao longo dun mes levan a cabo labores como o encalado, o abonado e a fertilización da superficie para ter todo listo para a sementa, uns traballos que poden chegar a realizarse nunha soa aplicación grazas a fertilizantes como os que elabora Agroamb. Tras o sementado chega o rulado e unha vez realizado o abonado de cobertera iníciase a fase de crecemento e desenvolvemento. Durante aproximadamente tres meses completarase este proceso ao que se porá punto e final de novo coa colleita para pechar este ciclo circular.

A Biomímesis, a ciencia que toma á natureza como fonte de inspiración para a innovación e a solución de problemas humanos, levou a que empresas como Agroamb pechen o círculo grazas a todos os servizos que prestan. Isto inclúe a realización de todas as tarefas agrícolas necesarias no proceso do cultivo do millo forraxeiro, que levan a cabo tanto nas súas propias parcelas como nas daqueles agricultores que necesiten apoio nestes traballos. A emulación dos cursos que segue a natureza complétase co proceso que, posteriormente, axuda a que todo comece de novo. A revalorización dos residuos orgánicos resultantes da colleita outórgalles unha segunda vida en forma de fertilizantes que serán claves no desenvolvemento do novo cultivo.