O «annus horribilis» para os cines británicos

Juan Francisco Alonso

MERCADOS

FACUNDO ARRIZABALAGA

A venda de entradas caerá este ano un 75 %

18 oct 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O 2020 será o peor ano para os cines británicos nun século. O número de espectadores que acudirán ás salas de cines británicas non só caerá, como era previsible debido á pandemia do covid-19, senón que o fará a uns niveis non vistos desde 1928, cando comezaron a contabilizarse as vendas de billetes para ver películas neste país. A consultora Omdia, especializada en tecnoloxía e medios, estima que o ano pechará con entre 40 e 44 millóns de entradas vendidas, un 75% por baixo do 2019, cando 179 millóns de persoas acudiron aos cines, o mellor ano en décadas. A recadación caerá case na mesma proporción e pasará de 1.250 millóns de libras (1.382 millóns de euros) a 334 millóns (369 millóns de euros).