A economía portuguesa caerá polo menos un 10 % este ano

Begoña Íñiguez

MERCADOS

MARIO CRUZ

Os economistas máis prestixiosos participaron nun informe da Universidade Católica

11 oct 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Un estudo da Universidade Católica portuguesa estima en polo menos un 10 % o derrubamento da economía lusa no 2020. Na súa elaboración participaron os máis prestixiosos economistas do país que basearon as súas previsións na caída do PIB portugués ata o mes de setembro, que superou o 8 %, e nas consecuencias que traerá consigo ata final de ano o aumento do desemprego e a caída do turismo no país, non só na tempada estival senón tamén durante o outono inverno. As estimacións do devandito estudo sobre a economía lusa en 2020 son menos optimistas que as do Banco de Portugal, quen prevé unha caída do 6,9 %, e das do executivo de António Costa, que vaticina un desmoronamiento do 8,5 %.