O polbo, unha debilidade

La Voz

MERCADOS

17 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

«A comida, en Barcelona, está moi rica, pero é que ademais eu levaba 17 anos no Reino Unido e iso é duro, a comida non sabe igual», comenta Catarina. E confesa unha debilidade culinaria da súa terra, o polbo. «Son tola do polbo, cando chegaba á Coruña deixaba ás nenas coa miña nai e o primeiro que facía era dicirlle ao meu marido ‘imos comer polbo'. Era a saída de urxencia», relata entre risos.

O seu outra debilidade é a praia de San Pedro, en Veigue (Sada). «Vou desde que tiña un aniño e todos os anos teño que ir, é a mellor do mundo», defende. En Cambridge estrañaba o mar, do que agora goza en Barcelona. «Pero non é o mesmo mar, non é o meu mar», admite. Outra das súas paixóns é viaxar: «Antes de ter ás nenas viaxamos moito por Asia e por Europa e agora que xa se están facendo máis maiores, volverémolo facer». De momento, as fins de semana dedícaas a «facer turismo» por Barcelona», onde se sente «moi contenta, no profesional e no persoal».