Marisol Bo: «Nuns poucos días xogámosnolo/xogámonolo todo. Son dúas semanas arreo»

Lucía Vidal

MERCADOS

MONICA IRAGO

Chámanlle a gran dama do albariño. Chegou para revolucionar as Rías Baixas, por aquel entón apenas unas cantas adegas pequenas, para crear un branco de referencia en España. Xa está en capela, aínda que non casa. Só conta as horas para a época do ano na que llo xoga todo, a vendima.

25 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Marisol Bo naceu en Zaragoza (1948) aínda que se sente galega polos catro costados. O seu pai, médico militar, foi destinado a Pontevedra cando só era unha nena. Bióloga de carreira, foi profesora nun instituto de Cangas ata que lle picou a espiral da vide. Reconvertida en viticultora, acabou creando a súa propia adega entre os muros centenarios dunha casa solariega do Salnés, o Pazo de Señorans.

-Como se presenta a campaña?

-Redúcese un pouco a cantidade de uva pero non demasiado. Moverémonos ao redor dos trinta e tantos millóns de quilos na DO Rías Baixas. Non foi un mal ano en canto a pragas, claro que a calidade só a saberemos cando recollamos a uva. Esa será a hora da verdade. Pero auguro que será boa.

-Que factores inflúen máis nunha boa ou mala colleita?

-Nós simplemente coidamos o que nos dá a natureza, porque os nosos viños son moi naturais. Inflúe canto choveu, cantas horas de sol houbo, e os días de setembro previos á recollida son determinantes, así que a ver como vén a primeira quincena de setembro. Dentro dunhas días empezaremos a muestrear e iso diranos se a uva está madura. Oxalá non se adiante moito.

-Falando do tempo, preocupa moito ao sector o cambio climático?

-Eu diría que no noroeste de España afecta menos que en calquera outro sitio, pero si é verdade que xa se aprecian diferenzas. Hai cambios nos PH, a gradación é máis alta que hai uns anos. Haberá que pelexar con iso. Pero eu creo que o noso éxito radica en que traballamos con estas variedades que están aclimatadas a esta zona. Ninguén nas Rías Baixas exponse traballar con outra uva.

-Imaxino que a paisaxe na adega e a leira será dentro duns días moi distinto ao aspecto que ofrece agora...

-Xa fixemos as revisións das máquinas, agora se desprecintarán as prensas. Vólvese limpar todo, ata o último parafuso, porque a hixiene é o máis importante nun viño de calidade. Xógasche moito en pouco tempo, así que hai que traballar arreo durante dúas semanas, incluída eu, aínda que, tamén che digo, xa traballei máis. Hai que organizalo todo, decidir que leiras se vendimian antes, cales ao final. É unha tarefa bastante sistemática.

-Cuesta atopar equipo para recoller tanta uva?

-Intentamos repetir xente, pero non sempre se pode. Na nosa leira hai entre 65 e cen presentas, e a maiores todos os viticultores cos que traballamos, que teñen outras leiras, e ás que lles recollemos uva, que serán outros 110.

-Tírase de man de obra estranxeira?

-Fóra de España contratan a moita xente de fóra. Aquí, ata agora, é produto local. Durante a crise era máis doado atopar temporeros. Agora non tanto. Porque ou están a traballar noutras cousas, ou se están no paro, deixalo para traballar quince días non lles compensa.

-Algún lugar do mundo onde non atopemos as súas botellas?

-Exportamos ao redor do 40 % da produción, a 25 países. Sobre todo, EE. UU., pero tamén Inglaterra, Alemaña, Hong Kong, Emiratos Árabes...

-Catadores mulleres, enólogas, ou propietarias como vostede... Cada vez hai máis mulleres nas adegas.

-Cando eu entrei na DO era a primeira presidenta, pero sempre estivemos aí. É un mundo que esixe moita sensibilidade. Eu, sen dúbida, nunca tiven ningún problema polo meu xénero.

-Na mesa de Marisol, pódese ser infiel co viño?

-Pódese e débese. Hai que probar de todo.

-É moi estrita coas maridaxes?

-O branco, non che digo con lebre, pero cunha carne branca encántame. Os nosos viños de garda teñen polo menos tres anos de crianza. Agora temos un no mercado con nove anos. E mellora canto máis vello.