Os carriños de xeados que se refrigeran co sol

MERCADOS

cc

18 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os carriños de xeados forman parte obrigada da paisaxe nas praias, parques e áreas turística nesta época do ano. Quen tiren deste singular medio para o transporte deste tipo de produtos refrigerados xa non terán que preocuparse de baterías ou transformadores eléctricos para manter a temperatura baixa que requiren estes artigos. O sol será curiosamente o seu mellor aliado.

A multinacional Unilevel, propietaria de máis de 400 marcas en categorías tan dispares como a alimentación, bebidas, fogar, coidado persoal e animais, proba os primeiros prototipos da nova xeración de carriños de xeados alimentados con enerxía solar.

Aínda non chegaron a Galicia, pero farano. Este verán os carriños sostibles están en parques e praias de comunidades como Madrid, Cataluña e Asturias. E a súa peculiaridade é que utilizan enerxía solar para manter os produtos no seu punto óptimos de temperatura, segundo informaba esta semana Ana Palencia, directora de Comunicación e Sustentabilidade de Unilever España a Europa Press.

Trátase de unidades híbridas que durante o día funcionan con enerxía solar e contan cunha autonomía de dez horas. Pola noite recárgase a batería das neveiras desde a rede eléctrica para manter o frío, o que permite que, en comparación coas neveiras convencionais -que deben estar conectadas á electricidade as 24 horas- os novos equipos consuman unha décima parte de enerxía.

O proxecto, aseguran desde Unilevel, constitúe ademais unha oportunidades de emprego para mozos e colectivos en risco de exclusión social ou en situación de vulnerabilidade porque, dentro da proposta Son Frigo, elixe a este grupo de poboación para xestionar un punto de venda. A iniciativa ten como obxectivo crear 100.000 empregos en todo o mundo ata o 2020, para mellorar a taxa de emprego xuvenil. Con iso, os mozos terán a posibilidade de mellorar a súa empleabilidad e profesional.