Patrocinado por Patrocinadopor

Miles de peixes aparecen mortos en Murcia por falta de osíxeno no Mar Menor

La Voz REDACCIÓN / EUROPA PRESS

SOMOS MAR

As autoridades prohibiron o baño en toda a zona

14 oct 2019 . Actualizado ás 12:32 h.

Sorprendente a imaxe que se atoparon onte os veciños que se trasladaron ata as beiras do Mar Menor. Miles de exemplares apareceron mortos a beiras da praia de Villananitos do Pagán, no municipio de San Pedro del Pinatar.

Segundo informou o Centro de Coordinación de Urxencias, ao pouco de detectar o problema, as autoridades izaron a bandeira vermella na zona e prohibiron o baño.

Ao parecer, os peixes comezaron a saír cara á superficie aínda vivos pola falta de osíxeno no Mar Menor. Esta escapada, tería levado aos animais a achegarse tan perigosamente á beira que finalmente se asfixiaron na superficie en busca do mesmo.

Detrás desta situación poderían atoparse as choivas torrenciais provocadas pola gota fría de hai unhas semanas, que provocaron a entrada na zona da albufera dunha importante cantidade de auga doce, así como lodos e materia orgánica.