Patrocinado por Patrocinadopor

Vigo acollerá o primeiro congreso de organizacións de Pesca

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

PESCA E MARISQUEO

Benvido Velasco | Efe

Organizacións de Galicia, Andalucía e País Vasco exporán os seus proxectos sostibles desde o punto de vista ambiental, económico e social

16 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Vigo acollerá os próximos 19 e 20 de setembro o primeiro Congreso Internacional de Organizacións de Produtores Pesqueiros e Acuícolas, promovido por Opromar. Trátase do primeiro evento deste tipo en España e conta co financiamento da Consellería do Mar e a UE.

Organizacións de Galicia, Andalucía e País Vasco exporán os seus proxectos sostibles desde o punto de vista ambiental, económico e social. Tratarán exemplos prácticos de iniciativas de éxito e mostrarán os propósitos que deben perseguir.