Patrocinado por Patrocinadopor

Anesco convoca un concurso de relatos curtos sobre a estiba portuaria

La Voz REDACCIÓN

SOMOS MAR

APA

O premio serán 600 euros

25 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Asociación Nacional de Empresas Estibadoras (Anesco) convocou a segunda edición do seu concurso literario de relatos curtos sobre a estiba portuaria. Con ese servizo como eixo, os participantes poderán presentar antes do 19 de xullo un traballo de entre 1.750 e 3.500 palabras con referencias á actividade que desenvolven estas empresas. O premio será de 600 euros e haberá dous accésits de 300. O ano pasado presentáronse 66 relatos.