Patrocinado por Patrocinadopor

Semana de paixón... tamén polo marisco

E. Abuín / M. Gago REDACCIÓN / LA VOZ

SOMOS MAR

Ramón Leiro

A Pascua fai subir a demanda e os prezos dos bivalvos e Mar potencia o seu «app» para frear a fraude

19 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A semana de paixón que saca ás rúas a santos e devotos en procesión tamén atrae a Galicia a turistas de variadas procedencias con paixón polo seu marisco. Os mercados hanse estado avituallando para atender esa maior demanda e iso tivo o seu reflexo nas lonxas, que notaron subidas nas cotizacións de moluscos e bivalvos con respecto ás que había a principios de mes. Apréciano os mariscadores de Pontevedra, onde na lonxa de Campelo o pasado mércores a ameixa fina extra do banco de Combarro vendeuse a 39,21 euros o quilo e a de clase A pasou de 25 en todos os bancos. A japónica tamén tivo unha cotización apreciable de 7,50 a 8 euros a clase B, de 8,80 a 9,35 a extra.

Tamén en Arousa. En Cabo de Cruz, a diferenza entre o prezo da ameixa fina do día 4 ao 16 ao redor de 4 euros, euro e medio no caso da babosa.

Que os turistas veñen buscando, entre outras cousas, marisco sábeo tamén a Consellería de Mar, que se o ano pasado lanzou a aplicación móbil Non piques non peques para axudar a un consumo responsable, que corte ás ás canles non regulamentarias, este o ampliou incorporando ata 30 novas especies a esa app.

A ferramenta ofrece información sobre as vedas, tallas mínimas, o período óptimo de consumo, así como unha descrición e unha fotografía da especie para evitar o gato por lebre.

Entre as novas especies que se innovas que se incorporan a Non piques, non peques, están algunhas dabondo coñecidas e outras que ata un galego de prol tería dificultades para identificar: acedía, a agulla, o alcrique, a ameixa bicuda, anguía, bertorella de roca, ameixón, berberecho rabioso, caramuxo, carneiro, castañeta, choquiño, choupa peixe, curuxo, dentón, escarapote de pedra, mero, lamprea de mar, lapa común, longueirón vello, melgacho, bonito alistado, ou peixe porco, pota común, prago, reló, juliana e mexillón.

Con estas incorporacións son xa 83 as fichas que turistas e aborígenes poden consultar.