Patrocinado por Patrocinadopor

«Podían gañar 800 euros cunha chamada de teléfono»

e. a. REDACCIÓN / LA VOZ

SOMOS MAR

17 oct 2018 . Actualizado ás 08:09 h.

Nin que dicir ten que no Equipo de Resposta Rápida Policial (Erpol) da Policía Autonómica a satisfacción é maiúscula. Case dous anos despois de que comezasen a tirar do fío na operación Concha e tras un inxente traballo de campo e de oficina, púidose pechar o caso.

-Caso pechado? Pódese dicir que se desmantelou o furtivismo de vieira na área ferrolá?

-Nós nunca pechamos nada. Desmantelamos dous grupos cos seus correspondentes distribuidores e iso supuxo un bo golpe, pero non podemos descartar nada.

-Por que se demorou tanto a investigación?

-Pola forma de traballar que temos, que queremos amarrar todo e ter probas de todo o proceso. Non queremos deixar nada á interpretación, senón ter constatación fidedigna de que realmente se está cometendo o delito. E iso require moitas horas dedicadas á investigación.

-Calcularon o beneficio económico que obtiveron os detidos?

-Un dos distribuidores podía gañar 800 euros cada vez que levantaba o teléfono.

-Hai constancia de que se serviron vieiras tóxicas en restaurantes?

-Non. A investigación non o puido demostrar. Si que as adquiriron propietarios de locais hostaleiros, pero a estes non se lles pode achacar máis nada que unha infracción por compralas fóra das canles legais porque o distribuidor lles aseguraba que contaban con todas as garantías legais, que eran de Noia e que, xa que logo, non había problema.

Molina cre que se asestou un bo golpe ao furtivismo de vieira de Ferrol