Patrocinado por Patrocinadopor

O Sentinela parte de Ferrol para realizar durante catro meses vixilancia marítima en África

La Voz FERROL / LA VOZ

SOMOS MAR

17 ago 2018 . Actualizado ás 08:01 h.

A calorosa mañá que había onte en Ferrol era un fiel reflexo do que sentían as familias cada vez que se achegaba a hora na que os seus amigos, parellas ou fillos terían que embarcar no patrulleiro Sentinela, que estará despregado ata o 15 de decembro para realizar labores de seguridade marítima na costa occidental de África e no golfo de Guinea, unha zona tamén con problemas de piratería. Os familiares dos mariñeiros apuraban os últimos instantes con eles antes de que chegasen as 11.45 horas, hora na que deberían subir ao barco e agardar a que chegase o capitán do navío José Francisco Suárez Fonseca, encargado de realizar o discurso previo ao comezo do despregamento. O comandante das unidades da Forza de Acción Marítima en Ferrol sinalou: «Son consciente do esforzo que supón esta misión, porque é un esforzo continuado afastados dos vosos seres queridos, ao que hai que sumar o traballo do mar».