Xermade será de novo capital da madeira co Encontro de Torneiros

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS VILALBA / LA VOZ

XERMADE

En el Encontro se pueden ver piezas elaboradas por torneiros de varios países
No Encontro pódense ver pezas elaboradas por torneiros de varios países oscar cela

A cita celébrase en setembro e acada as 22 edicións

06 sep 2022 . Actualizado ás 19:47 h.

Xermade acolle de novo en setembro o Encontro de Torneiros. A reunión acada este ano as 22 edicións, convertida xa nunha cita clásica para os que traballan a madeira en diversos países de Europa. Os franceses Patrick Arlot e Georges Baudot, o inglés Paul Hannaby e o galego Lolo Castro son algúns dos destacados torneiros que acudirán á edición deste 2022, prevista para os días 16, 17 e 18 de setembro. O Concello de Xermade organiza o encontro coa colaboración de institucións como a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.

A cita, con demostracións que se realizan no pavillón, vai acompañada de exposicións. O alcalde, Roberto García, avanzou que o Concello xermadino quería lograr a consideración de e Festa de Interese Turístico Galego crear un museo.Na presentación, que tivo lugar este mércores, o rexedor subliñou que o Encontro supuña un importante revulsivo para o municipio, ademais de constituír unha cita sinalada para os amantes da artesanía

O oficio estivo moi arraigado en Xermade, así como en concellos veciños como As Pontes.