Un misioneiro predicando pola Terra Chá

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS VILALBA / LA VOZ

XERMADE

ALBERTO LÓPEZ

O sacerdote Luis Rodríguez Patiño oficia o domingo unha misa para pedir atención para a Galicia rural

15 oct 2019 . Actualizado ás 20:15 h.

O municipio de acolle Xermade o domingo un novo acto de protesta en demanda de atención á Galicia rural. Ten lugar, ás 12.45 horas, en Momán, no cruzamento da estrada Momán-As Pontes coa de Trasparga-Cabreiros (LU-170), onde se celebra unha misa. O que podería entenderse como un acto máis ben novo non o é porque xa tivo lugar algún de similares caracteristicas, pero si, de todos os xeitos, o é polo seu enfoque: quen o promove asegura que se trata dunha medida propia de misioneiros. 

Xunto á primeira das vías, pertencente á rede da Deputación, xa houbo varios actos de protesta, organizados para denunciar o mal estado da vía e para recalcar a necesidade de atención ás zonas rurais da comunidade. O párroco de Momán, Luis Rodríguez Patiño, foi o promotor desas medidas e celebrará tamén a misa do este domingo. O cura explicou que se facía coincidir coa semana dedicada á muller rural e co Domund para comparar a atención que realizan os misioneiros coa que precisan certas zonas de Galicia.

Patiño asegura que a Galicia rural paga impostos sen recibir a cambio unhas prestacións proporcionais, e denuncia que esa situación vulnera o precepto constitucional de que os españois son iguais ante a lei.