Conta atrás para o FIV en Vilalba: todo o que debes saber do festival

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS VILALBA / LA VOZ

VILALBA

Lori Meyers forma parte del cartel del FIV de este año.
Lori Meyers forma parte do cartel do FIV deste ano. .

Só quedan entradas a 45 euros e para unha zona de acampada. Xa se poden comprar os billetes para o autobús a Lugo e A Coruña

19 abr 2023 . Actualizado ás 17:47 h.

O FIV (Festival Independente de Vilalba) está cada vez máis preto. En Vilalba, do 28 ao 30 de abril, haberá tres días de intensos concertos, con grupos de primeira fila no panorama da música pop rock española. Aínda poden comprarse bonos (están á venda en https.//fivdevilalba.com), que custan 45 euros máis gastos de envío. A cita logrou un oco destacado dentro dos festivais de música de Galicia.

As actividades complementarias, presentes desde hai anos no programa, mantéñense este 2023: por exemplo, presentarase o libro infantil ¡Isto é rock!, escrito por Javier Becerra, xornalista de La Voz de Galicia. Ademais, tamén se realizará un programa do podcast Café Derby, que o venres 28 entrevistará a Carlangas. Por outra banda, volverá desenvolverse a campaña #EuSonFIV, que permitirá acceder a descontos en negocios da localidade a quen acrediten ser espectadores do festival, para o que deberán mostrar a correspondente pulseira, Un ano máis, haberá tamén zonas de acampada gratis co abono do festival, instaladas no estadio Roca e con reservas dispoñibles na páxina web. O prazo péchase o 16 de abril ou ao cubrirse as parcelas dispoñibles. Esta será a programación:

Venres 28 de abril

Campo da feira

  • 19.00 horas. Apertura de portas
  • 20.00. Actuación de Moura
  • 21.30. Carlangas
  • 23.00. Sidecars
  • 00.50. A Casa Azul
  • 02.53 Akkan

Sábado 29 de abril

Praza da Constitución

  • 12.00. Banda de Música de Vilalba
  • 13.30. Os Malinches
  • 15.00. Just Kno'

Campo da feira

  • 19.00. Apertura de portas
  • 19.15. Berta Franklin
  • 20.15. Hickeys
  • 21.30. Delaporte
  • 23.00. Sidonie
  • 00.50. Lori Meyers
  • 02.35 Ochoymedio Djs

Domingo 30

Praza da Constitución

  • 12.30. Gromola Gominola

Autobuses desde Lugo e A Coruña

Unha novidade deste ano está noutro servizo para os espectadores. A organización porá buses a Lugo e á Coruña despois dos concertos. O transporte da Coruña ten un prezo de 14 euros. Inclúe a viaxe de volta desde Vilalba ás 04.30 horas na rúa Cuart de Poblet, fronte a o CEIP Antonio Insua Bermúdez. No caso de Lugo ten un prezo de 12 euros, sae á mesma hora do mesmo sitio.

ACAMPADA

As entradas para as zonas 1 e 2 de acampada xa están esgotadas. Sitúanse no pavillón do CIP Mato Vizoso. Abren o venres ás 17.00 horas e pechan o domingo ás 14.00 horas. A que aínda está dispoñible é a acampada do Estadio Roca, que abre durante o mesmo período de tempo. Neste caso, recomendar levar esterillas e toldos de protección para a choiva posto que é un espazo aberto. 

Horario

Na fin de semana do FIV, que coincide coa ponte do 1 de maio, a hostalería local poderá pechar dúas dúas horas máis tarde do habitual. Os bares agora pechan ás tres da madrugada e poderán facelo ás cinco; os pubs, que agora pechan ás cinco da madrugada, poderán pechar ás sete.