O cribado de Vilalba aprázase ao venres e non se admiten máis solicitudes

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS VILALBA / LA VOZ

VILALBA

El sábado ya hubo un cribado en Vilalba
O sábado xa houbo un cribado en Vilalba CEDIDA

Sanidade realizará probas a 500 persoas no pavillón

27 ene 2021 . Actualizado ás 18:44 h.

O cribado de Vilalba aprázase ao venres e xa non se admiten máis peticións de persoas que desexen someterse. As probas desenvolveranse de catro da tarde a nove da noite e serán realizadas por persoal da Sanidade 500 persoas, que deberán acudir ao pavillón municipal. En principio anunciouse que o cribado tería lugar o xoves.

Este segundo cribado vai dirixido a persoal de comercios e doutros establecementos que pertencen ao sector servizos (de farmacias a supermercados pasando, por exemplo, por gasolineiras). O realizado a pasada fin de semana realizouse pensando nun grupo de idade (persoas de 20 a 30 anos) e non nunha actividade profesional, e levou a cabo con mostras de saliva, non probas PCR. Acudiron 599 das 1.000 persoas citadas e descubríronse cinco novos positivos de covid-19.

Que se efectúen probas a 500 persoas débese a que ese é, segundo o Concello vilalbés, a cota dispoñible, posto que a esas análises hai que sumarlles os que se practican a positivos e a contactos directos. O Concello de Vilalba encomia a actitude dos veciños por inscribirse 500 persoas para o cribado; pero tamén pide aos cidadáns que se cumpran as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias para así poder frear a incidencia do coronavirus. Segundo datos deste mércores, en Vilalba hai 137 casos activos.