Que facer en Lugo este xoves 2 de xaneiro?

X.M.P.

VILALBA

ÓSCAR CELA

Lugo, Guitiriz, Vilalba e Castro de Rei ofrecen actividades para os máis pequenos ao longo de todo o día

01 ene 2020 . Actualizado ás 17:48 h.

A programación de lecer deste xoves ten moito que ver coas festas do Nadal polo seu contido, en parte orientado aos máis novos, que están de vacacións. En (11.30 O Vello Cárcere horas) ten lugar un obradoiro de ; panxoliñasna Milagrosa, o Centro Xuvenil Salesiano acolle (11.30 horas) a actividade Mañás de Nadal, e o centro de lecer O Patio Valavi (17.00), xogos para nenos. No HULA (12.00), na área de pediatría entréganse agasallos a nenos, coa colaboración da asociación Aesclick.

En Guitiriz , na Escola Habaneira (11 horas) ten lugar un taller de papiroflexia, mentres que en Vilalba é a praza da Constitución (17 horas) o escenario da actividade Ludovilalba. O Centro Sociocultural Xosé Manuel Carballo, de Castro de Rei, acolle (17.00) o taller Minichef de Nadal. O cine ten un oco en , O Corgoaínda que con Lugo como escenario: o Concello invita os veciños a viaxar en autocar (Cámara Agraria, 17.00) para ver, nos cines Codex, a película O que arde.

No Museo Universitario A Domus do Mitreo celébrase (11.00) unha visita guiada gratuíta, dirixida a mostrar as xoias artísticas das diferentes salas.