José Ramil, o médico que coidou a xente e o pasado de Vilalba

Xosé María Palacios Muruais
xosé maría palacios LUGO / LA VOZ

VILALBA

CHECHU RIO

O fundador do museo vilalbés será lembrado o sábado, cen anos despois do seu nacemento

09 dic 2019 . Actualizado ás 21:22 h.

O Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (Mupav) ten a súa sede en cálea Domingo Goás, médico das primeiras décadas do século pasado. Se se acode ao Mupav percorrendo o eixo que forman a rúa da Pravia e Campo de Ponte, antes, a man esquerda, queda a rúa Plácido Pena, outro destacado profesional da sanidade dos inicios do século pasado.

Unha vez no museo, un pode coñecer ou repasar o seu coñecemento do pasado prehistórico de Vilalba e doutras zonas de Galicia, que foi estudado por outro médico, José Ramil Soneira (1919-2014). O centenario do seu nacemento será lembrado o vindeiro sábado, nesa institución, cunha mesa redonda na que profesores, investigadores e personalidades da cultura chairega analizarán a súa figura.

Nacido en (Ames) Biduído en 1919 e falecido en Vilalba no 2014, a súa relación coa comarca chairega comezou nos anos corenta do século pasado. A Vilalba chegou como médico tras ter sido profesor axudante na facultade de Santiago, onde cursara a carreira. Na capital chairega casou, na década dos cincuenta, con Inés Rego, e estableceu unhas raíces que non se limitaron ao persoal nin ao profesional.

 Para entender como en 1990 créase o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (Mupav), entón situado na Casa da Cultura, hai que situarse en Biduído uns 60 anos atrás. O cura da parroquia tiña obras de Carlos Linneo, científico e naturalista sueco do século XVIII, que o mozo José Ramil coñeceu e consultou, e aí naceu a súa afección pola botánica.

O seu fillo Eduardo, actual director do Mupav, conta que tamén foi decisiva para a formación do seu pai o contacto con Ramón Sobrino Buhigas, do que foi alumno no bacharelato. Nesa etapa forxouse a súa afección pola arqueoloxía, que tivo preto da casa duns avós seus un lugar para practicar, xa que a vivenda estaba próxima ao castro de (Santiago), Conxo coñecido polos seus petróglifos.

Instalado anos despois en Vilalba, as circunstancias obrigaban a ir a barrios e a parroquias a pé, en bicicleta ou dacabalo nas visitas a enfermos. A súa curiosidade pola contorna levábaa a fixarse, e un día, en Santaballa, atopou uns restos de sílex que estaban traballados. Apareceu así o primeiro xacemento prehistórico, situado en .. O Carrizo

 Pena Grande

Ese e outros xacementos, divulgados logo grazas ás súas inquietudes humanísticas, foron visitados polo investigador Fermín Bouza Brey, ao que coñecía e que acabou realizando investigacións en varios municipios da comarca chairega. A área arqueolóxica de , Pena Grandesituada tamén en Santaballa, ocupou protagonismo nos últimos anos, ao anunciarse que a leira onde está situada ía venderse en poxa. Quedara con dono descoñecido na concentración parcelaria de é parroquia; pero desde os anos sesenta era coñecida para José Ramil, que nesa zona realizou tamén estudos. Á comarca chairega, despois, tamén se desprazou Carlos Alonso do Real, sendo catedrático de Prehistoria en Santiago, e acudiron tamén investigadores da universidade compostelá.

Chegou un momento en que os achados formaron un material susceptible de ser gardado e exhibido. Así xurdiu o museo, cuxa primeira localización foi a Casa da Cultura e cuxo primeiro director foi José Ramil. A creación, sostén o seu fillo Eduardo, foi un empeño persoal. Anos despois, para o cambio á actual sede, houbo tamén outro empeño, o de Manuel Fraga, entón presidente da Xunta.

Coma se tratásese dun xogo da oca co pasado formando as casas, o Mupav, que fundara un médico, instalábase no antigo centro médico, baleiro ao construírse a actual sede. Así, onde antes se controlaba a saúde dos veciños do municipio de Vilalba aténdese agora o coidado do pasado prehistórico, do que poden gozar veciños e visitantes.