Falece Jesús Santalla, que foi encargado do Auditorio de Vilalba

X.M.P. VILALBA / LA VOZ

VILALBA

PALACIOS

O falecido, moi coñecido na localidade, formou parte da comisión do San Ramón hai anos

05 dic 2019 . Actualizado ás 14:37 h.

Onte pola mañá faleceu Jesús Santalla Jiménez, que foi encargado do Auditorio de Vilalba ata hai poucos anos. Nesas instalacións traballou tamén o seu pai, natural da capital chairega e xa xubilado. Santalla foi tamén encargado do pavillón municipal.

Por eses dous traballos e pola súa familia paterna, Jesús Santalla era unha persoa moi coñecida na localidade. Pero ademais o seu bo carácter e a súa disposición a botar unha man, sen importar que quen llo pedise programase algo fose do Auditorio, fixérono moi apreciado. Tamén formou parte, hai anos, da comisión organizadora das festas de San Ramón.