Un peregrino templario polo Camiño Norte

X.M.P. VILALBA / LA VOZ

VILALBA

CEDIDA

O vilalbés Anxo Campos completou en catro días unha peregrinación de Mondoñedo a Santiago

21 ago 2019 . Actualizado ás 14:12 h.

Os templarios acadaron auxe e poder na Idade Media. Aínda existe a orde, e acaba de pasar por parte do tramo galego do Camiño Norte un peregrino que mostraba o símbolo desa congregación. Tratábase do vilalbés Anxo Campos, que, doutra banda, coñece esa e outras rutas xacobeas case como o corredor da súa casa, pois peregrinou máis de 20 veces.

Nesta ocasión, como cabaleiro tempario honorífico que é desde abril, cubriu en catro días o tramo de Mondoñedo a Santiago. Campos explica que percorreu o Camiño Norte por un amigo, Jesús Rego Castro, que non pode peregrinar por motivos de saúde.