Os mozos mostran o seu talento con proxectos innovadores

La Voz LUGO / LA VOZ

VILALBA

CEDIDA

19 jun 2019 . Actualizado ás 16:51 h.

Preto de 1.500 alumnos e 171 docentes de Lugo participaron no programa Eduemprende, que premia as ideas máis innovadoras. A entrega de premios celebrouse onte e o primeiro galardón, con 2.000 euros de contía, foi para os alumnos de primeiro do ciclo medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, do IES Lois Pena Novo de Vilalba. O seu proxecto consistía nunha empresa dedicada ao servizo de atención a persoas usuarias do centro ocupacional da localidade.

O segundo premio foi para o IES San Rosendo de Mondoñedo, para os alumnos de primeiro curso do ciclo formativo de grao medio de Xardinaría e Floraría e do ciclo superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, cunha miniempresa dedicada á venda de plantas aromáticas, produtos con fins biosaludables, culinarios ou cosméticos, ademais de fragrancias e fitosanitarios.

En toda a provincia se presentaron 23 proxectos en distintas especialidades, elaborados polo alumnado e co asesoramento dos docentes.