Noite movida no polígono de Vilalba tras un roubo nunha nave de embutidos e un intento doutra nunha ferraxería


LUGO / LA VOZ

Madrugada movida no Polígno Sete Pontes de Vilalba ao producirse un roubo nunha nave de embutidos e un delito de roubo con forza en grao de tentativa no almacén dunha ferraxería.

Minutos antes das dúas da madrugada, autores descoñecidos presentáronse nesta zona industrial e accederon ao interior da nave de Embutidos Atilano Anllo. Tras subtraer diversa mercancía e unha caixa forte, utilizaron un vehículo da propiedade da empresa para darse á fuga co material subtraído. Unhas tres horas despois, axentes da Garda Civil localizaron o vehículo roubado na estrada LU-P-6513, no termo municipal de Xermade. Estaba abandonado e envorcado ná marxe dereita da estrada.

Ademais da nave de embutidos, o almacén da Ferraxería Pontes tamén foi obxecto de roubo por parte dos amigos do alleo. Nesta ocasión non lograron levar nada, pero produciron considerables danos materiais que o responsable da empresa cifra nuns 1.800 euros.

Roubo en Escairón

A capital da Terra Chá a única zona visitada polos cacos. En Escairón tamén se produciu un roubo con forza nunha vivenda. Autores descoñecidos presentáronse no inmoble e subtraeron numerosos obxectos valorados en 14.000 euros e diferentes xoias cun prezo que rolda os 6.000 euros.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
0 votos
Comentarios

Noite movida no polígono de Vilalba tras un roubo nunha nave de embutidos e un intento doutra nunha ferraxería