Vilalba Aberta ataca ao resto de partidos pola súa postura sobre ataques de lobos

Xosé María Palacios Muruais
Xosé María Palacios VILALBA / LA VOZ

VILALBA

CEDIDA

Modesto Renda subliña que os gandeiros afectados están indefensos ante ataques

16 oct 2018 . Actualizado ás 19:39 h.

Vilalba Aberta denuncia de novo a situación de gandeiros afectados por ataques de lobos; pero esta vez, ademais, denuncia tamén a postura do resto de partidos da corporación (PP, PSOE, BNG). O concelleiro da formación, Modesto Renda, presentou no pleno da semana pasada unha iniciativa na que reclamaba unha maior axilidade no pagamento de axudas aos gandeiros e mesmo expuña a elaboración dun censo de lobos. Os puntos votáronse por separado (no do censo de lobos, por exemplo, só el votou a favor), e nalgún momento evidenciouse a distante postura entre Vilalba Aberta e o PSOE neste asunto.

Renda recalcou este martes que os gandeiros están en total indefensión, e considera que a Xunta debe actuar como responsable civil subsidiaria. Por iso, agrega, presentou unha nova iniciatva para lograr que os baremos por axudas actualícense e para que as compensacións se abonen coa maior rapidez posible.