O CAPD de Sarria rexistra un brote de coronavirus de catro residentes

Uxía Carrera Fernández
U. CARREIRA LUGO / LA VOZ

SARRIA

El Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Sarria
O Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Sarria ALBERTO LÓPEZ

Os contagios xurdiron a partir dunha traballadora. Todos están asintomáticos e agardan recibir a alta o vindeiro luns 26

23 jul 2021 . Actualizado ás 19:10 h.

Política Social informou este venres de tres positivos entre os usuarios do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Sarria . O director, Luis Pardo, confirmou que son catro os residentes afectados, pero xa pasaron a maior parte do período de infección e agardan recibir a alta o vindeiro luns 26 tras realizar unha PCR de control.

O día oito deste mes unha traballadora do centro deu positivo tras realizarse o autotest de saliva, ao que todos os empregados se someten mensualmente por precaución, xa que todos están vacinados pero poden ser asintomáticos. Tras detectar o caso da empregada, realizáronse 14 PCR a unha planta enteira do centro e xurdiron tres casos entre os residentes, así que se illaron de inmediato. Ademais, un cuarto usuario tamén deu positivo a través dunha proba de antígenos. 

O día 16 o centro realizou un cribado a 285 traballadores e empregados con PCR e todos deron negativo. Ao estar todos vacinados, ningún dos afectados tivo síntomas e mantivo as constantes normais, tal e como informa Luis Pardo. «Os cribados permitiron atallar rápidamente o foco e aislalo», explica.