Protesta en Sarria polo estado do CEIP Frei Luis de Granada

a voz SARRIA

SARRIA

CEDIDA

Unha manifestación percorreu varias rúas do centro da vila

24 ene 2020 . Actualizado ás 21:51 h.

Varios centenares de persoas saíron este venres pola noite á rúa en Sarria para protestar pola situación do CEIP Frei Luis de Granada, cuxo mal estado levou á Xunta a apontoalo primeiro e a propor daquela o uso da antiga escola fogar como altenativa mentres se repare a zona danada. A manifestación desta noite, un día despois da visita da conselleira de Educación, percorreu o centro urbano da localidade.

A situación creada ao apontoarse unha parte do edificio xerou protestas, e os pais decidiron non mandar aos fillos a clase. A conselleira, Carmen Pomar, visitou Sarria o xoves pola tarde: foi entón cando desvelou a proposta de dedicar parte da antiga escola fogar, que forma parte do mesmo edificio aínda que non sofre problemas, como alternativa temporal ás aulas. Recalcouna que a situación podía afrontarse con tranquilidade, pero houbo pais e nais que cuestionaron esa idea e xa anunciaron a realización dunha protesta.