O PP pide ao alcalde de Sarria que non reste valor á autovía

l. m. SARRIA / LA VOZ

SARRIA

ALBERTO LÓPEZ

Aseguran que as obras empezaron no seu día grazas a Feijoo

16 ene 2020 . Actualizado ás 08:32 h.

Os populares de Sarria piden ao alcalde da localidade, Claudio Garrido, que non reste «valor á obra de desdobramento do corredor, a de maior investimento en toda a provincia en 2020». O investimento é de 25 millóns de euros e dede o PP explican que a licitación por fases da autovía «fuxe de proxectos faraónicos, que na práctica non son realizables e céntrase en ofrecer solucións viables ás necesidades que existen nese treito de circulación». Segundo o PP, o compromiso de Feijoo coa autovía é algo seguro e creen que o proceso de contratación e recepción de ofertas por parte das empresas interesadas en executar estes traballos podería permitir que o treito estea en obras a mediados deste ano. Tamén lembran que a Xunta sempre traballou na mellora desta infraestrutura e que o PP iniciou o corredor con Feijoo. «Contrasta esta situación co que está a facer ou PSOE, que mantén bloqueadas varias obras», engaden.