Campus de baloncesto en Sarria

SARRIA

LÓPEZ PAZ

16 jul 2019 . Actualizado ás 08:33 h.

Sarria acolle ata o domingo 21 o Campus de Baloncesto que organiza o CB Sarria e o Concello. Participan 160 rapaces de entre 8 e 17 anos, chegados desde diferentes puntos de Galicia, Asturias, Valladolid , Madrid, Ceuta, Selecta e Portugal, e 25 profesionais técnicos e adestradores de gran nivel. Onte celebraron unha recepción no Concello de Sarria, onde foron recibidos polo concelleiro de Deportes, Félix Seijas.