O Cupón da ONCE reparte 140.000 euros en Sarria

SARRIA

CARMELA QUEIJEIRO

Vendidos nesta localidade catro boletos premiados no sorteo do xoves

22 mares 2019 . Actualizado ás 13:28 h.

Catro cupóns da ONCE premiados no sorteo de onte á noite foron vendidos en Sarria. Cada un deles está dotado con 35.000 euros, así que o importe total repartido en Sarria neste sorteo ascende a 140.000 euros.

Os cupóns premiados en Sarria conteñen as cinco cifras do sorteo diario correspondente ao xoves pola noite e foron entregados por Juan Trebolle Navia na súa ruta habitual de venda de produtos de xogo da ONCE en Sarria.

O Cupón Diario da ONCE ofrece premios de 35.000 euros ás cinco cifras, a cambio de 1,50 euros, que é o prezo de venda de cada boleto. Por cincuenta céntimos máis os clientes poden xogar tamén á serie e gañar “A Paga” de 3.000 euros ao mes durante vinte e cinco anos, que se suma ao premio de 35.000 euros. Tamén obteñen premio, de cincocentos euros, os números anterior e posterior ao agraciado; e de douscentos, vinte, e seis euros as catro, tres e dúas últimas cifras, respectivamente, do cupón premiado.