A selección sub 12 A Costa prepárase para a segunda fase do torneo galego

La Voz CARBALLO / LA VOZ

SARRIA

Jorge Parri

Realizará un adestramento o vindeiro mércores no campo Pratas Reinoso de Baio

20 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A segunda fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais sub 12 masculinas será o vindeiro sábado, día 26, no campo de fútbol A Ribela, en Sarria (Lugo), en horario de 10.30 a 19.00 horas, e con entrada gratuíta. O combinado A Costa ultima a súa preparación cun novo adestramento que celebrará o vindeiro mércores, no Pratas Reinoso, ás 18.30. Os 14 xogadores convocados polos seleccionadores José Barca e Skio para ambas as datas son os seguintes: Dylan Fernández, Javier Lema e Pablo Costa, do Dumbría; Javier Blanco , do Cerqueda; Lucas Souto, do Sofán; Ismael Domínguez e Carlos Trindade, do Cee; Daniel Castro e Iván Castro, do Ponteceso; Alejandro Muíño, do Concello de Zas, e Brais Fontenla, do Cabana, ademais de Sergio Campos, Iker García e Simón Rey do Outes, Xallas e Esteirana, respectivamente.