A Unión celebrou un magosto popular

La Voz

SARRIA

LÓPEZ PAZ

13 novs 2018 . Actualizado ás 09:46 h.

A Unión, en Sarria, celebrou esta fin de semana un magosto popular, que serviu para inaugurar as súas renovadas instalacións. A Deputación de Lugo colaborou con 40.000 euros no proxecto de recuperación da galería, que estaba moi deteriorada, xa que nunca fora arranxada desde a construción do inmoble, a finais do século XIX. As melloras realizáronse con madeira de castiñeiro e tamén se substituíron os canlóns de recollida de auga.