O PP cre que a praia fluvial se vai a atrasar por un cambio de localización

La Voz LUGO / LA VOZ LUGO

SARRIA

cedida

Ameijide di que se desprazou 800 metros do primeiro lugar elegidoEl mal tempo non restou afluencia aos certames que se celebraron durante a fin de semana

09 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O cambio de localización da futura praia fluvial, a unha zona situada a 800 metros do primeiro emprazamento elixido, podería atrasar aínda máis a súa posta en funcionamento, segundo asegurou o portavoz do PP, Antonio Ameijide. Segundo dixo, os primeiros trámites administrativos están enfocados ao emprazamento que o equipo de goberno elixiu o 3 de abril do pasado ano e que cambiou, segundo a documentación presentada o 20 de marzo pasado pola alcaldesa.

Ameijide reclama que Lara Méndez aclare «onde quere ubicar a praia fluvial para Lugo xa que a proposta que remitiron á Confederación Hidrográfica o 3 de abril de 2017, que é a que se está a tramitar é diferente da documentación que remitiron o 20 de marzo de 2018 (denominado proposta de instalación de infraestruturas para praia fluvial no Río Miño)». Segundo o portavoz do PP, a documentación que rexistrou o Concello, presentada a petición dun informe da Xunta, «na que lles pedían completar a que non presentaron no seu momento, nos atopamos con que cambian de raíz a localización da praia fluvial, o que que pode afectar totalmente aos trámites administrativos xa realizados e que levaron un ano de traballo». El concejal hace votos para que «non se tire por terra todo o traballo administrativo xa realizado».

Segundo o PP, o 12 de xuño do pasado ano o BOP publicou o proxecto da praia fluvial presentado polo Concello de Lugo «para competencia de proxectos por se había algún outro que se desexaba ubicar na mesma zona, co conseguinte risco de que entraran en conflito».

O edil asegura que a tramitación da praia fluvial «é a crónica da parálise burocrática que caracteriza o mandato de Lara Méndez». «O primeiro retraso foi solicitar a autorización de zona de baño só para o 2017; o segundo, de dous meses, foi por tardar un mes en pagar 22 euros da publicación do anuncio de competencia de peticións no BOP e, agora, e o terceiro ven motivado porque presentaron un proxecto incompleto», sinala.

Para Antonio Ameijide, o Concello de Lugo, desde o principio «plantexou mal a tramitación desoíndo a petición que fixemos dende o PP para que completase e incorporas novos datos e documentos o que demostra a total desorganización que se vive».