O BNG presenta en Samos a unha debutante para tratar de entrar de novo no Concello

SAMOS

CEDIDA

A candidata á alcaldía é a empregada de banca María Xesús López, que promete traballar por facer deste municipio "un referente polas súas políticas integradoras e innovadoras"

23 mares 2019 . Actualizado ás 13:19 h.

A candidatura que presentará o BNG ás eleccións municipais en Samos ábrese cunha cara nova. A cabeza de lista elixida por esta formación é a debutante María Xesús López, traballadora de banca e licenciada en administración e dirección de empresas. O seu ojetivo é facer de Samos "un referente do rural galego, polas súas políticas integradoras e innovadoras”.

De acordo coa información facilitada polo BNG, a súa candidata á alcaldía de Samos ten como exemplo o traballo desenvolvido por esta formación política en municipios como Sarria, A Pobra do Brollón, Ribadeo ou Muras, nos que goberna en solitario ou mediante acordos co PSOE. "Queremos -afirma María Xesús López- un Samos acolledor, onde a xente poida sentirse orgullosa do seu concello, do lugar non que vive”. E para conseguilo, cre que hai que tratar de aproveitar “vos recursos de Samos, para non ter que marchar e poder vivir e traballar aquí”.

O BNG proponse volver á corporación local de Samos nas eleccións municipais que se celebran dentro de dous meses. No 2015 quedou fóra, ao lograr só 34 votos. A corporación está formada por seis concelleiros do PSOE, dous do PP e un de Compromiso por Galicia, unha das formacións políticas que xurdiron como escisión do BNG tras a asemblea nacional celebrada en Amio no 2012